Como podo participar?

  1. Podes facer un depósito ou transferencia a favor desta conta corrente:
    • Entidade: Caixa Rural Galega
    • Titular: Fundación Praza Pública
    • Nº de conta: 3070 0044 51 6085339825
    • Para envíos desde fóra do Estado español, fan falta o IBAN e mais o BIC:
      IBAN: ES5630700044516085339825
      BIC: BCOEESMM070
  2. Se es unha persoa física, fai constar o teu nome completo e o número do documento de identidade (DNI, Pasaporte, RNE…) xunto cun e-mail que utilizaremos para enviarche o comprobante de ingreso, necesario para ter dereito a unha desgravación do 25% na túa cota IRPF.
  3. Se fas a doazón no nome dunha persoa xurídica, debes informar a razón social e o CIF, ademais dun e-mail ao cal enviaremos o comprobante de ingreso, necesario para ter dereito a unha desgravación do 35% no IS.
  4. O réxime fiscal das doazóns a fundacións está definido na Lei 49/2002 e no Real Decreto 1270/2003.

Se poño cartos, a que teño dereito?

I. Beneficios políticos

  1. A partir de 3.000 € de contribución (inicial ou acumulada).

    Integración no Padroado da Fundación Praza Pública, máximo órgao de goberno da entidade responsable polo xornal Praza Pública.

  2. A partir de 300 € de contribución (inicial ou acumulada).

    Integración no Consello Asesor da Fundación Praza Pública, órgao comunitario de carácter consultivo.

II. Beneficios editoriais

  1. Para todas as persoas que realicen contribucións económicas.

    Obxectos diversos de merchandising do xornal Praza Pública.

  2. A partir de 50 € de contribución (inicial ou acumulada).

    Recepción en domicilio dun folleto mensal cos mellores contidos publicados no xornal durante ese período.

  3. A partir de 300 € de contribución (inicial ou acumulada).

    Recepción en domicilio de libros e dun anuario

E se non podo poñer cartos, tamén conto?

Claro que si!

III. Beneficios sociais

O xornal Praza Pública instaurará unha moeda virtual, o patacón.

Os euros das achegas económicas poden ser convertidos en patacóns, os cales tamén poden adquirirse mediante todo tipo de colaboracións co xornal, como por exemplo a difusión de contidos de Praza Pública nas redes sociais. Os patacóns terán o mesmo valor de cambio que os euros e darán lugar aos mesmos dereitos políticos e editoriais descritos nas liñas anteriores.

Os patacóns tamén poderán ser usados como moeda na nosa rede de establecementos colaboradores, para acceder gratuitamente ou a prezos reducidos aos produtos e servizos ofertados por eses establecementos con vantaxes exclusivas para os lectores e lectoras de Praza Pública.

Sobre